martes, 15 de enero de 2013

Comeza con bó pe o galego por equipos +45



O equipo de veteranos + 45 do Clube de Tenis Lalín iniciou a súa andaina na competición por equipos da 2ª categoría cunha victoria sobre o Recreo Cultural da Estrada. O enfrentamento, xogado nas pistas do equipo estradense, rematou cunha victoria por 5 - 2 para o equipo lalinense. Os puntos do Clube de Tenis Lalín foron conseguidos por Juanma Martínez, Manuel Conde, Ramón Garra, Francisco Suárez e o doble formado por Juanma Martínez e Manuel Conde. Mención especial nesta xornada para Miguel Devesa e Francisco Suárez. Miguel, a pesares de perder o seu partido, demostrou unha grande capacidade de sufrimento e superación ao vencer o 2º set e case gañar o partido no super tiebreak, pese a xogar con grandes molestias no seu brazo dereito. Francisco consigueu unha traballada victoria no seu primeiro partido federado superando os nervios propios desta circunstancia e a un rival que opuxo moita resistencia. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario