O
sábado pasado o club de Tenis Lalín xogou nas pistas do Club de Tenis Redondela
acadando o triunfo por un axustado 4-3. As victorias do equipo do Deza chegaron
da man de Juanma Martínez, Manuel Conde e Jose Luis Enríquez, e o dobre formado
por Carlos Diéguez e Ramón Garra. A clave da victoria estivo esta vez no dobre
de Carlos e Ramón, quen despois de encaixar nove xogos seguidos ao comenzo do
partido, lograron sobrepoñerse, gañando o segundo set por 6-3 e adxudicándose a
victoria no supertiebreak por 10/4. A vindeira xornada o club de Tenis Lalín
recibe nas pistas municipias ao equipo do Club de Tenis Mercantil de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario