martes, 7 de mayo de 2013

Clube tenis lalín+45.- 4, cluteca+45 (cangas).- 3



O pasado fin de semana disputouse unha xornada interesante de tenis entreestes dous equipos
O xogador Juan M. Martinez (Juanma) gañou o seu partido con moita solvencia ante o nº 1 de cangas Carlos Glez Jorge (veciño de lalin e amigo) por un contundente  6/1 – 6/0.

Manuel Conde tamen gañou nun partido moi duro, longo e complicado o nº 2 de cangas Humberto Molanes por 6/2 – 7/5, demostrando o saber estar e sufrir nunha pista de tenis.

Jose Luis Enriquez (chicho) perdeu o seu partido con guillermo miranda por 7/6 (7-2) – 6/1. O xogador local leva moito tempo sen competir e necesita deste tipo de partidos para chegar o nivel doutras ocasións.

o nº 4 ramón garra tamen perdeu o seu partido con josé mendez por 7/5 – 6/0.

Jose Luis Glez.  gañou con gran superioridade absoluta a Ramón García por 6/3 – 6/0 (demostrando tamen o seu bó momento de forma e xogo).

con 3-2 a favor noso xogaronse os decisivos dobres: Juanma é Manuel conde gañaron a carlos é guillermo nun partido moi bonito e competido por 6/5 e abandono por lesion de Carlos.

Chicho é garra perderon nun partido moi longo contra Jose Ramon Glez.Jorge (tamen veciño e amigo) é Jose Mendez por 4/6 – 6/3 – 7/6 (10-7).     

Con esta victoria o clube tenis lalín xogará a final do campeonato galego+45 (zona sur), ó proximo domigo nas pistas municipales de Lalín a partido unico, contra ó Real Club Nautico de Vigo b.

No hay comentarios:

Publicar un comentario