lunes, 17 de marzo de 2014

Estrea con victoria do Club Tenis Lalín A no absoluto por equipos



Traballada victoria do club de tenis Lalín nas pistas do complexo O Pombal de Cambados.  O resultado final: 4/3 e o feito de que catro dos sete partidos precisaran dun supertiebreak falan da dureza do enfrentamento.

Comezaron Chicho, Xavier Roo e Breogán, que disputaba o seu primeiro partido co equipo absoluto.  Breogán, que chegou a dispoñer dunha pelota de partido, acabou perdendo no supertiebreak. A mesma sorte correu Javier Roo, quen despois de remontar gañando o segundo set, perdeu no supertiebreak. O primeiro punto para o noso equipo veu da mao de Chicho, quen tamén gañou no xogo decisivo.

Xogaron despois Daniel e Manuel Conde. Daniel adxudicouse o primeiro set 6/1. O que se supoñía ía ser un cómodo segundo set complicouse debido a ferida que se lle produxo na palma da mau dereita. Así chegou ir perdendo 5/1 para remontar e gañar 7/5. O partido de Manuel Conde non tivo moita historia. O 6/4 6/2 fala por si só.

Así con un 3/2 favorable ao noso equipo chegamos aos dobles. A parella 2  formada por Chicho e Breogán perdeu o seu encontro en 2 sets. O dobre 1 formado por Daniel e Manuel Conde acadou a victoria,que daba o 4° punto para o noso equipo, no supertiebreak.  Como se pode ver emoción ata o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario