miércoles, 5 de marzo de 2014

Exposición de trofeos do Club Tenis Lalín.




O Club de Tenis Lalín ten o pracer de presentar unha iniciativa que ten coma fin dar a coñecer a actividade que desenrola ós veciños de Lalín e da Comarca do Deza. Trátase dunha exposición de tódolos trofeos conseguidos polos xogadores do clube ó longo dos 34 anos de existencia. Dita exposición se poderá ver durante a semana previa á feira do cocido e  algunhas semanas máis no escaparate do local sito na rúa principal, xusto en fronte do Km0, no antigo local de “Carmiña”. Destacar a colaboración dos seguintes integrantes do Club Tenis Lalín que prestaron os seus preciados trofeos para tal exposición: Plácido Troitiño, Manuel Conde, Tomás Troitiño , Daniel Conde, Benito Troitiño, Julián Gullón, Ramón Garra, Antonio Rodríguez, Miguel Nercellas, José Luis González, Breogán Calviño, Carlos Diéguez, Juanma Martínez,  José Luis Enríquez e Javier Roo. Con esta iniciativa, o Club de Tenis Lalín, tamén pretende dar a coñecer as súas actividades; coma son torneos federados, ligas sociais e moi especialmente a escola de tenis que leva a cabo e que está a ter gran éxito. Tódalas persoas interesadas en participar en dita escola ou en facer unha primeira proba sen compromiso ningún, poden contactar co clube no correo: clubtenislalin@hotmail.com ou nos tlfs: 687369812 / 630684275. Esta entidade deportiva quere aproveitar este medio para agradecer de maneira moi especial ó Concello de Lalín polo apoio brindado durante todos estes anos nas actividades emprendidas e tamén por confiar en nós deixando nas nosas mans a escola municipal de tenis. Tamén agradecer ó Colexio Manuel Rivero pola súa enorme e indispensable colaboración, e como non, tamén dar as grazas ós donos do local onde están expostos os trofeos. Dende o Club de Tenis Lalín confían en que esta exposición sexa do agrado de tódolos veciños e sexa unha parte máis a dar cor ós próximos días da feira do cocido 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario