martes, 16 de abril de 2013

Merecido ascenso do equipo de veteranos +45 ¡¡Noraboa equipo¡¡



O equipo +45 do Club de Tenis Lalín logrou o ascenso á primeira categoría cunha gran victoria nas pistas do clube URECA de Vigo.

Equipo de veteranos+45 (faltan nuestros compañeros Chicho y Carlos)


A axustada victoria por 4 - 3 lograda en Lalín fixo que os xogadores do noso equipo saíran moi concienciados da importancia que tiñan cada xogo e cada set. Comenzaron xogando Miguel Devesa e Ramón Garra. Miguel tivo un comezo de partido complicado, xa que no terceiro punto rompeu a raqueta e tivo que xogar o resto do partido con outra diferente. Esto fixo que perdera o primeiro set por 6/0 xa que tivo que ir pouco a pouco afacéndose á nova raqueta. No segundo set, xa cun maior control e facendo gala da loita que o caracteriza, chegou ata o 4/4 pero aí concedeu un break que foi decisivo para perder o set por 6/4 e deste xeito o partido. Primeiro punto para Ureca. 

Ramón, logo de perder o primeiro set por 6/2, foi entrando pouco a pouco en xogo e poñendo cada vez mais nervioso ao seu rival. Levouse un loitado segundo set por 6/4. Chegamos así a un emocionante Supertiebreak que resultaría decisivo para o futuro da eliminatoria. Ningún dos dous xogadores foi quen de escaparse no tanteador por mais de dous puntos de diferencia. Nun final de grandes emocións, Ramón consigueu levantar unha bola de partido para facer os dous puntos seguintes e levarse o Super por 11/9. 
Empate a 1 victoria. 

Comezaron despois Chicho e Manuel Conde. Chicho comezou perdendo o primeiro set por 6/2 sen conseguir en ningún momento ver por onde podía facerlle dano ao rival, algo que si fixo no segundo set, facendo uso por momentos do mellor do seu repertorio. Gran set de Chicho gañado por 6/2. No Supertiebreak non tivemos a mesma fortuna que no anterior e pese a intentalo perdeu por 10/6. 
Segundo punto para URECA que se adiantaba por 2-1. Todo por decidir. 

Manuel Conde xogou un partido moi centrado é muy serio, sen dar nengunha tregua o seu rival como nel é habitual na competición, tal e como reflexa o marcador. Victoria por 6/2 6/1 e empate na eliminatoria 2/2

O último partido de invididuais xogouno o noso número 1, Juanma, quen chegaba pletórico despois do seu estrenado ascenso no ranking que o levou ata o posto 1489. O resultado do seu partido, 6/1 6/0, deixa claro o gran nivel de xogo que ven amosando nos últimos tempos. 
Con este triunfo adiantabamonos por 3/2 

Os dobres foron xogador polas parellas Carlos Diéguez - Ramón Garra e Manuel Conde - Juanma Martínez. Novo partido con Supertiebreak para Ramón e nova victoria remontando un set en contra. 3/6 6/3 10/6. Foi o resultado do partido
4 - 2 e victoria na eliminatoria. O ascenso estaba conseguido

No último partido Manuel e Juanma viron como os rivais reaccionaban a un 4-0 inicial para igualar o 1º set a catro. Finalmente victoria no set por 6/4 e tamén no segundo por un mais claro 6/1.

5 - 2 Resultado final e regreso a Lalín coa alegría do ascenso.

Noraboa equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario